Consulta de datos
Manual de uso Índice
A gran cantidade de datos dos que se dispón nos sistemas de información xeográfica fai necesaria a existencia dunha aplicación que permita ao usuario configurar, mediante unha contorna interactiva e intuitiva, a consulta detallada dos mesmos, permitindo a aplicación duns criterios que en cada momento especifiquen qué información desexa ver e de qué xeito. Así, o usuario debe elexir entre capas de información superpostas, que non poden ser visualizadas ao mesmo tempo.
Accédese a través da páxina web do Atlas Eólico de España, pulsando no enlace que leva o nombre "Acceso ao Aplicativo", dentro do apartado "Consulta de Datos" situado na marxe esquerda da páxina. Ao acceder, ésta é a visión xeral que se ten:
A maior área do aplicativo ocupaa o Mapa de visualización. Por defecto, aparece o mapa principal sobre a velocidade de vento estimada a 80 m de altura (representado mediante unha paleta de cores), correspondente á Península Ibérica, ás Illas Baleares, Ceuta e Melilla.
Este mapa de visualización adapta o seu contido segundo as instruccións de navegación do usuario, a través das ferramentas que se atopan na barra horizontal inmediatamente superior e nos marcos dispostos na marxe esquerda. Na esquina inferior dereita do recadro aparece a referencia da escala do mapa, que se adapta en todo momento ao mapa visualizado.
Distínguense tres clases de ferramentas atendendo á súa funcionalidade:
A continuación exponse, de xeito detallado, todas as ferramentas mencionadas. Ao utilizalas, o aplicativo pode requirir uns instantes para refrescar a visualización desexada, debido á grande cantidade de información que se manexa. No caso de cualquer tipo de erro ou falta de refresco da pantalla, recoméndase pulsar o botón "Actualizar"
do navegador de usuario (se isto no funcionase deberíase pechar e volver a abrir o aplicativo).
Selección do ámbito visual: "Canarias" - "Península, Baleares, Ceuta e Melilla":
Debido á distancia física e a necesidade de realizar o estudo en dous sistemas de coordenadas distintos: UTM WGS84 para as Illas Canarias, e UTM ED1950 para o resto de España, os datos respectivos se atopan en dous mapas por separado. Para acceder a cada uno deles hase de pulsar na casa correspondiente na marxe superior dereita:
Grupo de botóns da marxe esquerda da barra horizontal:
"Ir ao inicio do atlas eólico": devolve ao usuario á página web principal do Atlas Eólico.
"Achegar" (visualizar a unha resolución maior): cando está seleccionado, o punteiro do rato adopta a forma dunha cruz
sobre o mapa central. Hai dúas opcións para realizar unha ampliación visual: pulsar sobre un punto, ou marcar un área rectangular mantenendo pulsado o botón esquerdo do rato mentres se despraza.
"Afastar" (visualizar a unha resolución menor): procedimento análogo ao caso anterior. No caso de utilizar a definición da área rectangular, o afastamento será tanto maior canto máis pequeno sexa o rectángulo especificado.
"Desprazar": cando está pulsado este botón, o punteiro do rato adquire a forma dunha cruz con catro puntas
sobre o mapa. Mantenendo pulsado sobre un punto do mapa se se move o rato, permite ao usuario desprazarse na mesma direción e sentido contrario sobre o mesmo. Este mesmo efecto, e tendo unha visión máis xeral, conséguese desde o "Mapa de situación" (independentemente da ferramenta de "Navegación" que estea seleccionada), en cuxo caso o rato debe pulsarse dentro do recadro vermello que aparece.
"Colocar puntos en mapa": permite situar un ou varios marcadores (
"Medir": ao pulsalo ábrese un recadro onde pode seleccionarse un destes tres botóns:
,
,
; que permiten coñecer, respectivamente, as coordenadas dun punto, a distancia percorrida ao crear unha poligonal e a área (e perímetro) contida nunha superficie xerada sobre o mapa. Adicionalmente, permítese seleccionar entre distintos tipos de unidades para a visualización do resultado.
"Borrar marcadores": pulsando este botón bórranse todos os marcadores que se situaron sobre o mapa.
Mediante esta ferramenta, o aplicativo permite navegar ata un determinado lugar do mapa do xeito máis rápido posible: especificando o nome dun municipio, ou ben introducindo as coordenadas do punto a consultar.
para buscar (ou a tecla "Entrar" do teclado). Aparecerá debaixo unha lista das posibles coincidencias, e seleccionando unha delas a aplicación desprazarase directamente ata o lugar seleccionado.
Trátase do corazón da aplicación, pois é onde se dispón de todos os datos do recurso eólico e da información complementaria de interese. Os datos agrúpanse en conxuntos de elementos denominados capas, que á súa vez se asocian en grupos de capas atendendo aos trazos comúns que poidan existir entre elas. Para visualizar a xerarquía existente por debaixo dun grupo de capas, hase de pulsar no
que aparece á esquerda do nome do grupo (quedando
), despregándose inmediatamente debaixo novos grupos ou simplemente as capas en sí; neste último caso, pulsando novamente en
despregaríase a simboloxía da capa (lenda), que permite interpretar os datos representados no mapa (pulsando novamente en
volvería a desaparecer a simboloxía).
Exemplo: Ao abrir o aplicativo, no marco "Cartografía" aparecen os nomes das categorías maiores de cada grupo: "Recurso eólico", "Divisións administrativas", "Espazos naturais protexidos (CCAA)", etc. Ao penetrarse en "MAPAS EÓLICOS" - "Velocidade media anual do vento (m/s)" - "A 80 m", accederíase á simboloxía desta última capa, que é a paleta de cores utilizada para a representación en pantalla do mapa de vento que aparece en primer termo ao abrir o aplicativo.
Pode apreciarse que todos os grupos de capas polos que se pasa (e a propia capa en último termo) teñen activada a casa de verificación
, o cal significa que a capa final será visible; neste sentido, só con que nun dos escalafóns intermedios haxa una casa
sen verificar, a capa final non se verá, ainda que ésta sí que estea marcada.
Existen dous posibles casos nos que a capa estea activada pero non poida visualizarse no mapa:
- Retomando o exemplo anterior, se dentro de "mapas eólicos", actívase a capa "Topografía e rugosidade" - "Liñas de nivel (m)", non se notaría ningún cambio no mapa central de visualización. Isto ocorre porque esta capa ocupa un lugar inferior á anterior e, tratándose ambas de capas continuas que cobren todo o territorio, non é posible visualizala ata que se desmarque a que se atopa por enrriba. En definitiva, unha capa sempre tapa a outra que se atopa por debaixo dela, nos lugares en que coinciden. Para facilitar a navegación e optimizar a utilidade do aplicativo, existe unha excepción a este respeito, relativo ás capas dentro do grupo "mapa topográfico nacional", que foron definidas cun nivel de transparencia para que poidan ser sempre visibles (para aprecialo, pode activarse este grupo e achegarse a unha zona do mapa).
- Explorando as capas deste grupo, aparecería o segundo dos casos citados: obsérvase que as catro capas están marcadas, ainda que só unha estea con
e as outras tres nun ton grisáceo con
(así como os seus nomes en gris tamén). Iso significa que estas últimas capas están activadas pero que aa escala actual non é a axeitada para a súa visualización; as capas deste grupo con maior resolución faríanse visibles a medida que nos acheguemos a unha zona do mapa.
Para ter unha visión más ampla do contido do marco "Cartografía", poden contraerse os marcos "Localizador" e "Mapa de situación" pulsando na icona
para cada un. Se se teñen despregados varios grupos de capas, pode apreciarse á dereita do marco unha barra de desprazamiento vertical. Se no seu extremo inferior se sitúa o rato ata atopar o lugar onde o punteiro cambia a vista a
, manténdoo pulsado pode arrastrarse a barra cara abaixo para estirar o marco.
Capas dispoñibles ordenadas por categorías:
que se comenta máis abaixo (é necesario que a capa estea activada e visible para que os datos sexan alcanzables).
, contén datos direccionais, en concreto: a frecuencia anual (porcentaxe de horas que o vento sopra nunha dirección), velocidade media (como unha fracción da velocidade media en todas as direccións), potencia media e parámetros C e K de Weibull. Tamén se indican as coordenadas UTM do punto consultado.
, conteñen unha representación gráfica de varios dos parámetros comentados.
, contén dous tipos de datos, tendo que seleccionar un deles -utilizando a ferramenta "Mallado espacial" (ver máis adiante)- para poder realizar a consulta. En ámbolos casos, a cifra 100 m indica a resolución dos datos, é dicir, o espaciado da rede.
Esta ferramenta só está dispoñible para tres capas -aquelas que se atopan no grupo "Recurso eólico" (dentro do marco "Cartografía")-. Éstas teñen un conxunto de elementos discretos, representados con circunferencias de distintas cores (como se pode ver consultando a súa simboloxía), e cada un deles ten asociado un arquivo de texto ou imaxe que se abre ao pulsar enrriba do punto. Para consultar a información da capa desexada, hai que seleccionala no menú despregable que aparece ao pulsar en
, ter a capa en cuestión activada (no marco "Cartografía" - "Recurso Eólico") e o botón
pulsado, de forma que agora o punteiro do rato adquirirá a vista
ao pasar por riba do mapa.
No caso de que a capa seleccionada non estea activada, se se pulsa fora dun punto, ou se a capa activada e a capa seleccionada no menú non se corresponden, a ferramenta dará unha mensaxe de erro na identificación. En todo momento, as coordenadas devoltas pola ferramenta son as utilizadas na proxección do mapa: UTM ED1950 para a Península, Baleares, Ceuta e Melilla; e UTM WGS1984 para as Illas Canarias.
Esta ferramenta permite estimar a producción enerxética que proporcionaría un aeroxerador que se instale nun determinado punto do territorio nacional, expresada en ternos de enerxia (MWh/ano) bruta e neta. Para efectuar o cálculo, primeiro hai que seleccionar o botón
, e seguidamente pulsar no punto desexado do mapa. Seguidamente ábrese unha nova fiestra na que hai que especificar os parámetros da curva de potencia [valor de Producción (KW) para cada Velocidade (m/s), segundo as especificacións do fabricante] para o aeroxerador que é obxeto de estimación. Para obter o resultado, hai que pulsar o botón "Calcular".
Para estimar a enerxia neta, por defecto a ferramenta utiliza un coeficiente de corrección de perdas global do 15% (o usuario pode introducir a súa propia estimación), que considera a existencia de perdas de producción por indisponibilidades técnicas de parque e rede, perdas eléctricas, efecto ronsel, etc.
Adicionalmente, a fiestra de cálculo de horas equivalentes indica as coordenadas UTM do punto, a súa elevación e rugosidade considerada, e os coeficientes de Weibull estimados no emprazamento.
Nota: É importante que o usuario teña en conta a incerteza asociada a estos resultados, e que non todos os aeroxeradores comerciais poden implantarse nun emprazamento determinado con garantías técnicas (a modelización do Atlas Eólico non pode estimar a clase do emprazamento). Para a determinación precisa do recurso deben realizarse campañas de prospección in situ durante o tempo suficiente e coa instrumentación axeitada.
Permite unha visión máis xeral que a do mapa de visualización central. Na escala de partida (visión de toda España), aparecen os límites provinciais. Se nos achegamos a unha zona sobre o mapa central (sobre o mapa de situación non é posible), progresivamente aparecerían tamén os nomes das provincias e os límites dos municipios cos seus nomes.
O mapa de situación tamén pode ser utilizado para navegar: para iso hai que colocar o punteiro do rato dentro do rectángulo vermello e, mantenendo pulsado o botón esquerdo do rato, arrastralo cara a rexión desexada (esta opción conserva a escala do mapa de visualización).
Se se desexa, tamén pode variarse o área de interese (a rexión visualizada dentro do mapa principal ou central) definindo o tamaño do rectángulo vermello: para iso hai que colocarse no seu borde inferior dereito, buscando que o punteiro do rato cambie á vista
(ver figura); mantenendo pulsado sobre este vértice e desprazando o rato, conséguese variar a área de interese. Neste caso, os cambios produciranse tanto no mapa de situación como no mapa principal, adaptándose a visualización á nova resolución ou escala resultante.
RSS